Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MESÍA

EDICTO.

Esta alcaldía, mediante Decreto do 25 de febreiro de 2003, aprobou as bases da convocatoria para a provisión, mediante concurso-oposición libre, dunha praza de animador cultural, vacante no cadro de persoal deste concello.

O texto completo destas bases exponse ó público no BOP por un prazo de vinte días naturais, sendo o seu estracto o seguinte:

Prazas: unha.

Denominación: animador cultural.

Forma provisión: concurso-oposición libre.

Probas da oposición:

1ª Teórico: desenvolvemento por escrito, nun máximo de tres horas, de dous temas propostos polo tribunal, sobre os temarios.

2ª Práctico: resolución, nun máximo de catro horas, de dous supostos prácticos propostos polo tribunal.

Temario: publícase co texto íntegro das bases no BOP.

Mesía, 8 de abril de 2003.

José Eduardo Fraga Cabado

Alcalde