1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Consello Municipal de Deportes de Ourense.
Dependencia que tramita o expediente: Administración do Consello Municipal de Deportes de Ourense.
2. Obxecto do contrato.
Descrición do obxecto: concurso para a contratación da redacción do proxecto e a súa conseguinte execución da obra de deshumectación da piscina cuberta do pavillón dos Remedios.
Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: BOP do 21 de outubro e DOG do 25 de novembro de 2002.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: urxente.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 233.658,31 euros (douscentos trinta e tres mil seiscentos cincuenta e oito euros con trinta e un céntimos).
5. Adxudicación.
Data: 19-3-2003.
Contratista: Extraco, Construccións e Proxectos, S.A.
Nacionalidade: española.
Importe de adxudicación: 233.657,40 (douscentos trinta e tres mil seiscentos cincuenta e sete euros con corenta céntimos).
Ourense, 27 de marzo de 2003.
Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa González
Presidente do Consello Municipal de Deportes

