Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 20 de marzo de 2003, o proxecto técnico para a contratación da obra do edificio de usos múltiples en Vila de Cruces, redactado polo arquitecto Carlos Rosón Gasalla, queda exposto ó público na secretaría deste concello, durante o prazo de oito días hábiles, que empezarán a contarse desde o día seguinte ó da inserción deste edicto no BOP, para efectos de exame e reclamacións.
Na mesma sesión tamén se aprobaron os pregos de cláusulas administrativas que rexerá o citado concurso público urxente por procedemento aberto da citada contratación, expoñéndose ó público por un prazo de oito días hábiles, para os efectos de que os interesados poidan examinalos e formula-las alegacións que consideren oportunas.
Á súa vez convócase licitación pública para a adxudicación da citada obra, que quedaría aprazada no suposto de presentarse reclamacións ó proxecto técnico ou ó prego de bases, restablecéndose, o que reste, a partir do día seguinte da resolución destas.
Obxecto: contratación, mediante concurso urxente polo procedemento aberto da obra do edificio de usos múltiples en Vila de Cruces.
Tipo de licitación: 85.660,94 euros.
Prazo de execución: dous meses desde a notificación da adxudicación.
Garantía: a provisional establécese en 1.713,22 euros; a definitiva será igual ó 4% do importe da adxudicación.
Presentación de proposicións: presentaranse na secretaría do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de trece (13) días naturais, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.
Apertura de plicas: terán lugar ás 9 horas do primeiro día hábil seguinte ó que termine o prazo de presentación de proposicións. Se este fose sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Criterios de adxudicación: serán os fixados na correspondente cláusula do prego de condicións.
Modelo de proposición: o recollido na correspondente cláusula dos pregos de condicións. Os licitadores presentarán simultaneamente coa proposición e en sobre pechado os documentos que se indican na referida cláusula.
Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos dos anuncios, así como tódolos derivados do contrato.
Vila de Cruces, 24 de marzo de 2003.
O alcalde-presidente
Rubricado

