Faise público o Acordo do 28 de febreiro de 2003 polo que se procede á convocatoria de probas de selección de persoal do centro.
Prazas: técnico superior de administración, técnico superior de cooperación internacional e secretaria de dirección.
Bases da convocatoria, información e recollida de documentación na sede de Cetmar, rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 Bouzas, Vigo. Teléfono: 986 24 70 47.
Vigo, 28 de febreiro de 2003.
Amancio Landín Jaráiz
Director xerente do Centro Tecnológico del Mar

