A Comisión de Goberno, na sesión do día 21 de abril de 2003, prestou aprobación ó prego de cláusulas administrativas que rexerá a poxa por procedemento aberto das obras de urbanización do primeiro treito da rúa entre a avenida San Rosendo e a estrada de Mourillós (rúa do Cercado), quedando exposto ó público polo prazo de catro días naturais contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP de Ourense, para efectos de reclamacións.
Ó mesmo tempo, anúnciase poxa, aprazándose a licitación, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Comisión de Goberno do Concello de Celanova.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría do concello.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: urbanización do primeiro treito da rúa entre a avenida San Rosendo e a estrada de Mourillós (rúa do Cercado), de Celanova, de acordo co prego de cláusulas administrativas e proxecto técnico redactado polo enxeñeiro Manuel Durán Fuentes e aprobado definitivamente polo Pleno da Corporación na sesión do 14 de febreiro de 2003.
b) Lugar de execución: Municipio de Celanova, entre avda. San Rosendo e estrada de Mourillós (rúa do Cercado).
c) Prazo de execución: dous meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: poxa.
4. Orzamento base de licitación: 162.500 euros.
5. Garantías.
Provisional: 3.250 euros, equivalente ó 2% do orzamento de contrata.
Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
6. Obtención de documentación información.
a) Entidade: Concello de Celanova.
b) Domicilio: Praza Maior, número 1.
c) Localidade e código postal: Celanova, 32800.
d) Teléfonos: 988 43 14 81, 988 43 14 87.
e) Telefax: 988 45 16 23.
f) Data límite de obtención de documentación e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: grupo-subgrupo: E-1; G-6; I-9. Categoría e).
b) Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas.
8. Presentación das ofertas.
a) Prazo de presentación: trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP de Ourense ou no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula V do prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
-Entidade: rexistro xeral do Concello de Celanova, de nove a catorce horas.
-Domicilio: Praza Maior, 1.
-Localidade e código postal: Celanova, 32800.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Concello de Celanova.
b) Domicilio: Praza Maior, 1.
c) Localidade: Celanova.
d) Data: ás doce horas do día seguinte hábil (agás os sábados) aquel no que termine o prazo de presentación.
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Celanova, 23 de abril de 2003.
O alcalde
Rubricado

