Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2003 Páx. 5.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

CORRECCIÓN de erros.

Detectado un erro na transcrición do anuncio do expediente de contratación 1C/03, relativo ó concurso con procedemento aberto para a adxudicación do proxecto básico e de execución para a pavimentación e dotación de servicios na rúa e praza do Pozo Pequeno, rúa Doctor Alberto Lafuente, rúa e praza Ichoas, publicado nas páxinas 3.986 e 3.987

do DOG nº 63 do día 31 de marzo de 2003, faise pública a seguinte corrección:

Concurso con procedemento aberto.

Onde di:

«5.-Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación».

Debe dicir:

«5.-Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación (6.093,92 euros).

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación».

O que se fai público para xeral coñecemento, especificando que o prazo de 13 días naturais para a presentación das proposicións comezará a partir da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Melide, 1 de abril de 2003.

Miguel R. Pampín Rúa

Alcalde