Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica a resolución da petición presentada por Isolina Grande Martínez referente á zona de concentración parcelaria de Bustelo-Casasoá (Xunqueira de Ambía, Ourense), devolta polo servicio de correos.

Por esta resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e por ser devolta polo servicio de correos, notificaselle á interesada cos datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, a parte dispositiva da resolución da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, do 21 de xaneiro de 2003, que estima a petición formulada por ela mesma, Isolina Grande Martínez, e modifica, en consecuencia, o acordo de concentración parcelaria da zona de Bustelo-Casasoá (Xunqueira de Ambía, Ourense).

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2003.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinataria: Isolina Grande Martínez.

Domicilio: San Miguel, 32702, Vilar de Barrio (Ourense).

Texto: facer consta-los predios 3.232 e 2.877, atribuídas a Isolina Grande Martínez (propietaria 1.428), coas súas superficies e valores reais, 87-95 áreas e 98-19 áreas, respectivamente, coa asignación do predio 3.223-2 de 14-30 áreas e 743-60 puntos, procedente do predio 3.223 (terra sobrante).

Contra esta resolución pode interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da recepción da presente notificación.