Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2003 Páx. 5.771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2003 pola que se convoca un concurso con procedemento aberto para a contratación dos servicios de organización de exposicións de dez itinerancias en concellos da provincia para o ano 2003. (Expediente 2736/2003 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: contratación dos servicios de organización de exposicións de dez itinerancias en concellos da provincia para o ano 2003.

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será dun ano contado a partir da data da formalización do contrato en documento administrativo.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: o orzamento máximo do contrato ascende a cantidade de 150.000 euros, IVE incluído.

O orzamento de cada un dos proxectos non poderá exceder de 21.000 euros, IVE incluído.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento da adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13 horas do prazo de 8 días naturais contado a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 28 de abril de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña