1. Entidade adxudicadora: Hospital da Costa, r/ Rafael Vior, s/n, 27880 Burela (Lugo).
2. Obxecto do contrato: subministración sucesiva de lencería e vestiario.
3. Orzamento e prezo: orzamento total: 51.278 euros.
4. Prazo de execución: 1 ano desde a sinatura do contrato con posibilidade de prórroga.
5. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa. Teléfono 982 58 99 56 e fax 982 58 99 86, durante o prazo de admisión de proposicións.
6. Admisión de variantes: non se admiten variantes.
7. Solvencia económica e financeira: será acreditado por algúns de entre os documentos sinalados no anexo I do prego.
8. Solvencia técnica: será acreditado por algúns de entre os documentos sinalados no anexo II do prego.
9. Criterios de adxudicación: (ver prego de cláusulas administrativas particulares).
10. Fianzas: (ver prego de cláusulas administrativas particulares).
11. Clasificación: non se esixe.
12. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres cerrados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envía por correo, o licitador deberá justifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.
13. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola Mesa de Contratación, reunida en acto público na Sala de Xuntas do Hospital da Costa ás 13 horas do undécimo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
14. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.
15. Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.
Burela, 7 de abril de 2003.
Pablo Mosquera Mata
Director xerente do Hospital da Costa de Burela

