Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 09 de maio de 2003 Páx. 5.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudio de detalle para o sinalamento de aliñacións nunha parcela situada na rúa Cristo, promovido por O Xuncal, S.L.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 25 de abril de 2003, aprobou definitivamente o estudio de detalle para o sinalamento de aliñacións nunha parcela situada na rúa Cristo, promovido polo Xuncal, S.L. e redactado pola arquitecta Xulia Cortizas Díaz, con data 17 de febreiro de 2003.

En cumprimento do disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publícase o presente anuncio e remitirase á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda copia autenticada do expediente e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

Contra o acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Mugardos, 28 de abril de 2003.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde