Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 14 de maio de 2003 Páx. 6.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto, para a contratación da obra de repoboación forestal de 99 ha en montes situados nos termos municipais de Lugo, Friol, Triacastela, Portomarín e Monterroso (Lugo).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: obra de repoboación forestal de 99 ha en montes situados nos termos municipais de Lugo, Friol, Triacastela, Portomarín e Monterroso (Lugo).

2.2. Prazo de execución: dez meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento cinco mil catrocentos trinta e un euros con sesenta e dous céntimos (105.431,62 A).

5. Fianza provisional.

Non se esixe.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de licitación: 4.217,26 A.

7. Clasificación.

Non se esixe.

8. Documentación e información.

8.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copy Nino, sita na rúa Xeneral

Pardiñas, nº 2, en Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2440

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e que estean interesados en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No punto Asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

8.2. Información:

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) No suposto de que se participe en máis dun concurso dos oito que se publican nesta mesma data, de obras de repoboación forestal nos termos municipais de Bóveda; Lugo, Friol, Triacastela, Portomarín e Monterroso; Friol; Abadín, Vilalba, Castro de Rei, Pol e A Pastoriza; Quiroga; As Nogais; O Carballiño e Verín, a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles producirá plenos efectos nos demais nos que se presenten proposicións, facendo constar expresamente como contido do sobre A, ademais da fianza provisional e clasificación, de seren esixidas, referencia do concurso no que se presenta a documentación xeral.

10. Apertura da documentación xeral (sobres A).

Realizarase no lugar antes indicado, ás 13 horas do oitavo día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

11. Apertura das ofertas.

Ás 12 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral, no lugar sinalado no punto 9.3.; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

12. Gastos do anuncio.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2003.

P.D. (Orde 29-1-2003)

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente