Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 14 de maio de 2003 Páx. 6.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO.

O Pleno do concello, en sesión extraordinaria do 2 de maio de 2003, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias municipais de planeamento na mazá delimitada polas rúas Montero Ríos, Eduardo Vicenti, Pazos Fontenla e Xoán Carballeira, denominada Mazá Massó, de conformidade co establecido no artigo 50 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, en relación co artigo 48.2º do referido texto legal, procédese á publicación do dito acordo no DOG e BOP, así mesmo publicarase no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

O que se notifica para os efectos oportunos, sinalando que contra o dito acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o dicta, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta notificación, ou recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado dun xeito idéntico, sen prexuízo de que os interesados poidan exercitar calquera outro recurso que estimen procedente.

Bueu, 5 de maio de 2003.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde-presidente