A Comisión de Goberno, en sesión realizada o 21 de marzo de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Aprobar inicialmente o estudio de detalle para reaxuste de aliñacións no lugar de Mesoiro número 97, promovido por Larcoruña, S.L.
Segundo.-Someter a información pública, polo prazo de vinte días, o expediente administrativo e o documento que contén o estudio de detalle, anunciando tal exposición pública no Diario Oficial de Galicia e na prensa local.
Terceiro.-Notificarlle este acordo ó promotor do estudio de detalle.
O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes, durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pódese consultar na Oficina de Información do Servicio de Urbanismo, sito na rúa do Parque, s/n, en horario laboral das 12 ás 13.30 horas, de luns a venres.
Os gastos desta publicación serán por conta do seu promotor.
A Coruña, 3 de abril de 2003.
Salvador Fernández Moreda
Concelleiro delegado de Urbanismo

