O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 13 de marzo de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación puntual nº 3 do Plan especial de equipamento docente e infraestructura viaria no Campus Universitario das Lagoas-Marcosende (expediente nº 7848/411), segundo a documentación contida no texto refundido, con data de decembro de 2002, presentado pola Universidade de Vigo o 6 de febreiro de 2003, e redactada polo arquitecto José Carlos Rodríguez Otero, da Unidade Técnica da Universidade.
Segundo.-Proceder ó trámite de información pública do expediente polo prazo dun mes, mediante a publicación de anuncios no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais de maior circulación na provincia, debendo publicarse o anuncio, neste último caso, en dous días consecutivos, conforme o establecido no artigo 86.1º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e notificación ós directamente interesados.
O prazo de información pública entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o mes contado desde o día seguinte ó da derradeira publicación.
O expediente está ó dispor do público no Departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edifico da Xerencia).
Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados.
Vigo, 27 de marzo de 2003.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde presidente da Xerencia Municipal
de Urbanismo

