Mª Pilar Cuenca Sánchez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número oito dos da Coruña,
Fago saber:
Que neste xulgado se seguen autos de expediente de xurisdicción voluntaria co número 51/2002-X, promovidos por Fernando Fernández Lorenzo, representado pola procuradora Mar Penas Francos, sobre declaración de ausencia de Fernando Fernández Pardo, titular do DNI número 35430388, veciño da
Coruña, co seu último domicilio coñecido na avenida de Chile, 27, 2º B, nado o 9 de marzo de 1957 en Antas de Ulla, Lugo, fillo de Fernando e Carmen, solteiro, quen o 20 de maio de 1998 abandonou o domicilio familiar sen que dixese o lugar cara onde se dirixía nin o motivo da súa marcha e sen que volvesen ter noticas súas, sendo infructuosas cantas xestións fixo a súa familia para a súa localización.
E para que así conste e sirva de aviso a todas aquelas persoas a quen poida interesa-la existencia do expediente, para os efectos do artigo 2.042 da Lei de axuizamento civil, expido, selo e asino este edicto na Coruña o cinco de marzo de dous mil tres.
A secretaria
Rubricado
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS
E VIVENDA

