Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:
Peticionario: Gas Galicia, SDG, S.A. con enderezo no edificio Área Central, local 31-I, 15707 Santiago de Compostela.
Obxecto da petición: autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución dunha planta satélite de regasificación de gas natural licuado para realiza-la subministración de gas natural ó núcleo urbano de Cambados, de conformidade co proxecto presentado para o efecto.
Descrición das instalacións: a planta satélite de regasificación ten unha capacidade de almacenamento de 60 m de GNL e unha capacidade de regasificación de 1.200 m (n)/h.
Á saída da P.S.R. dispoñerase dunha presión de 2,5 bar, quedando dentro do rango de Media Presión B.
A planta estará composta basicamente polas seguintes unidades:
-Unidade de descarga de camións cisterna.
-Unidade de almacenaxe e posta a presión.
-Unidade de gasificación.
-Unidade de odorización.
-Unidade de regulación.
-Unidade de xestión e control.
Termo municipal: a solicitude de autorización administrativa afecta ó termo municipal de Cambados, na provincia de Pontevedra.
Orzamento: cento cincuenta e seis mil trescentos oitenta e sete euros (156.387 A).
O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentalas súas alegacións no plazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examina-lo proxecto de autorización administrativa na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, edificio administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, así como na Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra, en Eduardo Pondal nº 64.
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2003.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas
CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL
E TURISMO

