Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 16 de maio de 2003 Páx. 6.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto, para a contratación da obra de tratamentos silvícolas (rozas) en 218 ha de montes situados nos termos municipais de Carballedo, O Courel, Chantada, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil e Sober (Lugo).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: obra de tratamentos silvícolas (rozas) en 218 ha de montes situados nos termos municipais de Carballedo, O Courel, Chantada, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil e Sober (Lugo).

2.2. Prazo de execución: dez meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento trinta e un mil novecentos sete euros con oitenta e seis céntimos (131.907,86 A).

5. Fianza provisional.

Non se esixe.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de licitación: 5.276,31 A.

7. Clasificación: grupo K, subgrupo 6, categoría B.

8. Documentación e información.

8.1. Documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na copistería Copy Nino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, en Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2477

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesadas en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a seguir se relacionan:

-No punto Asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

8.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación.

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) No suposto de que se participe en máis dun concurso dos 12 que se publican nesta mesma data, de obras de tratamentos silvícolas en: 2 concellos distrito forestal XVII - O Condado-A Paradanta; distrito forestal XVIII Baixo Miño; concello de Crecente distrito forestal XVII O Condado A Paradanta; distrito forestal O Deza-Tabeirós; distrito forestal XIX Caldas-O Salnés; podas no termo municipal de Begonte, Guitiriz e Vilalba; distrito forestal da Limia; podas no termo municipal do Incio, Monterroso, Portomarín e Sarria; distrito forestal XIV Verín-Viana; podas en Bóveda, O Courel, Chantada, A Pobra do Brollón e Quiroga; rozas nas Nogais e rozas en Carballedo, O Courel, Chantada, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil e Sober, a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles producirá plenos efectos nos demais nos que se presenten proposicións, facendo constar expresamente como contido do sobre A, ademais da fianza provisional e clasificación, de ser esixidas,

referencia do concurso no que se presenta a documentación xeral.

10. Apertura da documentación xeral (sobres A).

Realizarase no lugar antes indicado, ás 13 horas do oitavo día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

11. Apertura das ofertas.

Ás 12 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral, no lugar sinalado no punto 9.3., se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

12. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2003.

P.D. (Orde 29-1-2003)

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente