Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 16 de maio de 2003 Páx. 6.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DO SALNÉS

EDICTO.

A Mancomunidade do Salnés convoca a provisión da praza da Xerencia do Plan de Dinamización Turística do Salnés 2003-2006, de acordo cos pregos de prescricións económico-administrativas e técnicas

aprobadas para o efecto e que, en resumo, son as seguintes:

Obxecto do contrato. A xerencia estará desempeñada por unha empresa mediante un contrato de consultoría e asistencia técnica.

Duración do contrato. A duración do contrato será por dous anos. O contrato será prorrogable sempre que o plan se estea executando de forma óptima.

Prezo do contrato e tipo de licitación. O tipo de licitación do contrato de consultoría e asistencia técnica será de 65.000 euros para a primeira anualidade do plan.

Requisitos imprescindibles. Empresas con obxecto social de consultoría con capacidade e experiencia acreditativa da posibilidade de desenvolvemento da dita finalidade.

Prazo de presentación de proposicións. Poderán presentarse, na Secretaría da Mancomunidade do Salnés (Concello de Cambados), no prazo de 22 días naturais contados desde o día seguinte ó último día de publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas da convocatoria poderán obterse na Secre

taría da Mancomunidade do Salnés (concello de Cambados).

Cambados, 22 de abril de 2003.

Gonzalo Durán Hermida

Presidente do Padroado da Mancomunidade

do Salnés

CONSORCIO PROVINCIAL CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO

DA CORUÑA