Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.455

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica anexo ó proxecto da L.M.T. ó C.T. de Mato (Pantón). (Expediente 3/2000 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171 A Coruña.

Denominación: anexo o proxecto L.M.T. ó C.T. Mato.

Situación: Pantón.

Descrición técnicas: centro de transformación aéreo de intemperie de Mato de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 4 de abril de 2003.

Jesús Bendaña Súarez

Delegado provincial de Lugo