En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a corrección de erros da Resolución do 27 de xaneiro de 2003 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de Parque Eólico Goia-Peñote, publicada no DOG nº 43, do 3 de marzo de 2003, mediante resolución desta dirección xeral do 20 de febreiro de 2003. A devandita corrección transcríbese como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2003.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas
Con data 27 de xaneiro de 2003, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental emitiu resolución pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de Parque Eólico Goia-Peñote, nos concellos de Xermade, Vilalba e Muras (Lugo), promovido pola empresa Gamesa Energía, S.A.
Advertidos erros na devandita resolución, por omisión das coordenadas UTM dos aeroxeradores denominados M-11 e M-12, cómpre efectua-la seguinte corrección:
Na páxina 4 de 25, na táboa de coordenadas UTM dos aeroxeradores, inclúense as seguintes:
M-11604.300,4804.810.451,245
M-12604.273,2764.810.301,125

