Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica o acordo de iniciación do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OU-132/2003.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que se relacionan a seguir, os acordos de iniciación dos expedientes sancionadores, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Número de expediente: 132/2003.

Denunciado: Francisco Gómez Álvarez.

DNI: X3685509N.

Enderezo: Prolongación Hermanos Martínez de Bande.

Establecemento: Boca Chica.

Precepto infrinxido: artigo 23 o) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, na nova redacción dada pola Lei orgánica 4/1997, do 4 de agosto.

Sanción prevista: multa de ata 6.010 euros.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Admón. Local, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da LOSC.

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante o instructor o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examina-lo expediente nestas dependencias. Igualmente poderá exerce-lo dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Admón. Local, sita na avda. da Habana, núm. 79-2º de Ourense.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, impoñéndoselle, en consecuencia, unha sanción de trescentos cinco euros (305 euros).

Ourense, 29 de abril de 2003.

Cristina Fernández Rodríguez

Delegada provincial de Ourense