Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 21 de maio de 2003 Páx. 6.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 25 de abril de 2003, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-81/050, conta 4 e dous máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30.1º do texto refundio de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e último domicilio coñecido (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do Regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estimen convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario. Expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 25 de abril de 2003.

Mª Teresa Morán Calero

Xefe de Área Provincial da Coruña

ANEXO

José E. Díaz Rodríguez e herdeiros.

Expediente: C-81/050 (desafiuzamento F.P. 24/2003).

Conta 4.

R/ Naturalista López Seoane, 1, P-1, 2º B (Ferrol).

Importe débeda: 9.593,48 euros.

Aida Arcas Lafuente e outros.

Expediente: C-82/030 (desafiuzamento F.P. 27/2003).

Conta 39.

R/ Bugallal Marchesi nº 5, bloque 2, 4º C (A Coruña).

Importe débeda: 4.532,24 euros.

Juan Castro González e herdeiros.

Expediente: C-85/120 (desafiuzamento F.P. 28/2003).

Conta. 45.

Ronda de Nelle nº 28, P-3, 9º D (A Coruña).

Importe débeda: 7.300,95 euros.