Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 21 de maio de 2003 Páx. 6.565

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2003, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se modifica a Resolución do 15 de novembro de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia número 232, do 2 de decembro, para a constitución da mesa de contratación, con carácter permanente, para a adxudicación dos expedientes de contratación que se tramiten no citado centro, designada por Resolución do 11 de abril de 2003.

O director xerente do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 6, e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la designación dos membros da mesa de contratación, con carácter permanente, para a adxudicación de contratos que se tramiten neste centro, resultando:

Composición:

Presidenta:

Dulce García Lemos, directora de Xestión Económica e Servicios Xerais do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza.

Suplente:

Marina Pereira Mota, subdirectora de Xestión Económica do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza.

Vocais:

-Representante da Dirección Médica do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza.

-Marina Pereira Mota, subdirectora de Xestión Económica do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza.

-Julio Manuel Díaz Candamio, xefe de Servicio de Compras e Subministracións do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza.

-Representante da Intervención Territorial.

-Representante da Asesoría Xurídica do Sergas.

Suplentes:

-Mª Rosario Sanjurjo Silva, grupo técnico f. adm. (D. Xestión) do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza.

-Luisa Cartelle Vázquez, xefa do Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza.

Secretaria:

-Luisa Cartelle Vázquez, xefa do Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza.

Suplentes:

-Mª Rosario Sanjurjo Silva, grupo técnico f. adm. (D. Xestión) do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza.

-Dolores Rodríguez Ameijenda, xefa de grupo Servicio de Contratacións do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza.

A Coruña, 14 de abril de 2003.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Universitario Juan Canalejo-Marítimo Oza

da Coruña