A Comisión Municipal de Goberno, en sesión realizada o día 31 de marzo de 2003, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización de vía de acceso ó polígono industrial de Trabanca Badiña,
redactado polo arquitecto José Luis Pereiro Alonso e promovido por General de Edificios y Solares, S.L. (GESS).
De conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o dito estudio de detalle estará exposto ó público, nas oficinas municipais de secretaría, durante o prazo de vinte días, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.
Vilagarcía de Arousa, 4 de abril de 2003.
Joaquín Javier Gago López
Alcalde

