Obxecto: contratación dos servicios consistentes na organización e coordinación dun campus de fútbol durante os anos 2003 e 2004.
Lugar de execución: provincia da Coruña.
Prazo de execución: o prazo máximo de execución rematará o 31 de decembro de 2004. As actividades obxecto do contrato realizaranse nos seguintes prazos:
Campus do ano 2003: a partir da formalización do contrato e ata o 31 de outubro de 2003.
Campus do ano 2004: entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2004.
Forma de adxudicación: concurso.
Orzamento: o orzamento máximo do contrato ascende a cantidade de 721.200 euros, IVE incluído, que se desagrega da seguinte forma:
Anualidade 2003: 360.600 euros.
Anualidade 2004: 360.600 euros.
Garantía provisional: non se esixe.
Garantía definitiva: 4% do orzamento da adxudicación.
Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.
Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.
Anuncio extenso: BOP da Coruña.
A Coruña, 14 de maio de 2003.
José Luis Torres Colomer
Presidente da Deputación Provincial da Coruña
José Luis Almau Supervía
Secretario da Deputación Provincial da Coruña

