Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 22 de maio de 2003 Páx. 6.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros aprobou o expediente administrativo para a contratación conxunta nun só lote, por medio de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, das seguintes obras:

Obxecto: redacción dos proxectos de execución así como execución das seguintes obras:

-Acondicionamento do terreo na avda. Ernesto Che Guevara.

-Axardinamento na avda. Ernesto Che Guevara.

Orzamento de licitación: o importe total do obxecto do contrato, IVE incluído, é o seguinte:

-Acondicionamento do terreo na avda. Ernesto Che Guevara: 54.986,40 euros.

-Axardinamento na avda. Ernesto Che Guevara: 45.797,33 euros.

Total: 100.783,73 euros.

Clasificación: non se esixe.

Fianzas:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Taxas por tomar parte no concurso: 65,43 euros.

Prazo de execución: dous meses para cada unha das obras.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de trece días (13) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.

Faise constar que os licitadores deberán de ofertar para a totalidade do obxecto do contrato (acondicionamento do terreo e axardinamento) indicando o prezo individual para cada obra e o total da oferta; de acordo co modelo indicado nos anexos do prego de cláusulas administrativas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 12 de maio de 2003.

Esther Pita Pita

Alcaldesa