No BOP de Ourense nº 105, do 9 do actual, publícase íntegro o prego de condicións do concurso, por procedemento aberto, para adquisición dun vehículo para o Inorde, con tipo máximo de licitación de 23.000 euros. Fianza provisional do 4% do tipo de licitación. As ofertas e documentación deben presentarse nas oficinas do Inorde, rúa do Progreso, 28 de Ourense, ata as trece horas (13 horas) do décimo quinto (15º) día natural a partir da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o día hábil seguinte. A apertura de ofertas e documentación realizarase ás doce horas (12 horas) do día seguinte hábil (excepto sábados) ó de finalización do prazo de presentación de documentación e ofertas, nas referidas oficinas do Inorde. Calquera tipo de información pode obterse no Inorde ou por teléfono no nº 988 39 10 85 e fax nº 988 39 19 62.
Ourense, 14 de maio de 2003.
Antonio Mouriño Villar
Presidente do Instituto Ourensán de
Desenvolvemento Económico

