Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 26 de maio de 2003 Páx. 6.791

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2003 pola que se anuncia o concurso para a subministración dun camión de primeira intervención, un camión nutriz e un vehículo pick-up para o parque comarcal de bombeiros do Morrazo.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación da subministración dun camión de primeira intervención (lote nº 1), un camión nutriz (lote nº 2) e un vehículo pick-up (lote nº 3) para o parque comarcal de bombeiros do Morrazo, conforme os pregos de prescricións técnicas de cada vehículo que figuran no expediente. Os orzamentos de licitación para cada un dos lotes citados nos que van incluídos o IVE e os gastos de matriculación son os que a continuación se detallan:

LoteVehículoImporte

1Un camión de primeira intervención180.300 A

2Un camión nutriz168.500 A

3Un vehículo pick-up 60.100 A

Plicas: durante os quince días naturais a partir do anuncio no BOP.

Fianzas: a provisional do 2% do orzamento de licitación e a definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Tfno. 986 80 41 01.

Pontevedra, 15 de maio de 2003.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado