Aprobado inicialmente por resolución da Alcaldía de data 20-5-2002 o estudio de detalle nº 10, encontro de nova construcción con outra construcción existente, promovido por Promociones Altavenda 2002, S.L., sométese a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir da última inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos diarios de maior circulación da provincia, de acordo co artigo 86, punto 2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia; durante o dito prazo poderá ser examinado o expediente polos interesados na secretaría do concello, en horario de oficina, para formula-las alegacións ou observacións que consideren pertinentes.
Salceda de Caselas, 20 de maio de 2003.
José M. Fernández Rodríguez
Alcalde

