Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 09 de xuño de 2003 Páx. 7.472

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE PÚBLICA DE INVESTIMENTOS DE GALICIA, S.A.

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso aberto de servicios: asistencia técnica para o control e vixilancia da obra e coordinación de seguridade e saúde das obras de construcción da autovía Ferrol-Vilalba, treito Igrexafeita-Pena da Meda (A Coruña). (Clave DOPT030101).

1.Entidade adxudicadora.

a) Organismo: SPI-Galicia, S.A.

b) Dependencia que tramita o expediente: departamento Administrativo-Financeiro.

c) Número de expediente: DOPT030101.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para o control e vixilancia da obra e coordinación de seguridade e saúde das obras de construcción da autovía Ferrol-Vilalba, treito Igrexafeita-Pena da Meda (A Coruña).

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Prazo de execución: 30 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 1.158.983,84 euros.

5. Garantías.

Provisional: 23.179,68 euros.

6. Obteción de documentación e información.

a) Entidade: SPI-Galicia, S.A.

b) Domicilio: praza de Europa, 10 A-5º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 50 34 e 54 50 02.

e) Telefax: 981 54 50 95.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 16 de xullo de 2003.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación:

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: acreditarase de acordo co previsto nos puntos 5.1 e 5.2 do prego de cláusulas.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 21 de xullo de 2003, ás 12.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: SPI-Galicia, S.A.

2ª Domicilio: praza de Europa, 10 A-5º.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): catro meses.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: SPI-Galicia, S.A.

b) Domicilio: praza de Europa, 10 A-5º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 28 de xullo de 2003.

e) Hora: 10.00 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 30 de maio de 2003.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2003.

Juan José Novoa Montero

Presidente de SPI-Galicia, S.A.