Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 10 de xuño de 2003 Páx. 7.486

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 15 de maio de 2003 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandado, e despois de ser emitido o preceptivo informe favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería, que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2003.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e

Turismo

ANEXO

-Artistas marinenses no tempo: 8 A.

-Imaxes do soño en liberdade. O cinema de Eugenio Granell: 10,40 A.-Camiños e camiñantes: 6 A.-Miradas cómplices: 25 A.-Narciso, 2001: 3 A.-Daquel abrente: 11 A.

-Desde o silencio. Obra debuxada de Mario Granell: 12 A.-Maralla. Evolución: 6 A.-Ricardo Outes: 6 A.-Francés. O minimalismo: 6 A.-Elena Priegue. Evocacións: 6 A.-Ignacio Basallo: 30 A.-Antón Avilés de Taramancos: 6 A.-Suite introspectiva: 6 A.-José Pedro Croft: 20 A.

-Eva Koch. Santiago de Compostela, 11 abril-29 xuño 2003. Teruel, 25 xullo-14 setembro 2003: 15 A.-Verán: 6 A.-Sinfonía de cor: 6 A.-Confluentes: 6 A.-Vieiros: 6 A.-Ángel Sevillano: 12 A.-Xornadas sobre Julio Camba: 9 A.-II Feira das Artes Plásticas 2003: 6 A.-Guía de artistas de Galicia: 12 A.