A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 66, do 5 de abril de 2002), convoca os seguintes concursos públicos:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións (Unidade de Contratación).
c) Número de expediente:
C.P. 54/2003: (Servicios).
2. Obxecto da contratación.
a) Descrición do obxecto:
C.P. 54/2003. Servicio de Transporte de Dietas Alimenticias dentro do Complexo Hospitalario e con itinerario entre o Hospital Arquitecto Marcide e o Hospital Profesor Novoa Santos, ou calquera outro lugar do complexo.
b) División por lotes e número:
C.P. 54/2003. Punto 8.3 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de execución:
C.P. 54/2003. Centros dependentes do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol.
d) Prazo de execución ou data límite de entrega:
C.P. 54/2003. Punto 7.1 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Modalidade: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
C.P. 54/2003. 57.600 euros.
5. Garantía provisional.
C.P. 54/2003.
Provisional: 2% do orzamento de licitación ou de cada lote ó que se concorre. (Ve-la folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares).
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.
b) Domicilio: estrada de San Pedro, s/n.
c) Localidade e código postal: Ferrol (15405).
d) Teléfono: 981 33 45 14.
e) Fax: 981 33 45 50.
f) Data límite de obtención de documentos e información: antes das 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica e profesional:
C.P. 54/2003.
As solvencias económica, financeira e técnica acreditaranse por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: antes das 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.
b) Documentación que hai que presentar:
C.P. 54/2003. A especificada no punto 5 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos.
2. Domicilio: estrada de San Pedro, s/n.
3. Localidade e código postal: Ferrol (15405).
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (C.P. 54/2003): 3 meses desde a data de apertura de proposicións.
e) Admisión de variantes (C.P. 54/2003): non se admitirá a presentación de variantes.
9. Apertura das proposicións.
a) Entidade: sala de xuntas do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol.
b) Domicilio: estrada de San Pedro, s/n.
c) Localidade: Ferrol.
d) Data: décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de oferta. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.
e) Hora: a partir das 10.00 horas.
10. Outras informacións.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 80.4º do Regulamento xeral de contratación das administracións públicas. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días
naturais seguintes á indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.
Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no punto 16 da folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio desta resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.
C.P. 54/2003: 2.600,50 euros.
Ferrol, 29 de maio de 2003.
Pedro Molina Coll
Director xerente do Complexo Hospitalario
Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos
de Ferrol

