Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 10 de xuño de 2003 Páx. 7.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de concurso.

O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación por concurso da realización das probas psicotécnicas para a provisión en propiedade de catro prazas de garda da policía local.

Orzamento: prezo máximo por cada aspirante: 279,22 euros. (O importe máximo estimado será de 43.000 euros).

O anuncio de licitación publicouse no BOP nº 123, do 31 de maio do ano que andamos.

Os interesados poderán obter información e consulta-los pregos no departamento de contratación, no primeiro andar da casa do concello, e na páxina web http//www.cambre.org/publicaciones, e presentar alegacións ós pregos no prazo de oito días.

O prazo para presenta-las proposicións e demais documentación será de quince días naturais a partir

do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 2 de xuño de 2003.

P.D. (R.A. 23-7-1999)

Augusto Rey Moreno

Primeiro tenente alcalde