Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 10 de xuño de 2003 Páx. 7.536

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXANOVA

ANUNCIO.

O Consello de Administración de Caixanova, na súa sesión do 29 de maio de 2003, de conformidade co previsto nos estatutos da entidade e da normativa vixente, acordou convocar asemblea xeral ordinaria. A reunión terá lugar o xoves, día 26 de xuño de 2003, no Auditorio do Centro Social Caixanova, sito na rúa Policarpo Sanz números 24 e 26, da cidade de Vigo, ás dezaoito horas en primera convocatoria, e ás dezaoito trinta horas do mesmo día, en segundo convocatoria, de acordo coa seguinte orde do día:

1. Confección da lista de asistentes para a determinación do quórum e constitución válida á asemblea.

2. Exame e aprobación, se é o caso, daxestión do consello, informe anual, balance, conta de resultados e proposta de aplicación dos execedentes. Informe ó respecto da comisión de control.

3. Exame e aprobación, se é o caso, das liña xerais do Plan de actuación anual.

4. Liquidación do orzamento de Obra Social 2002 e orzamento para 2003.

5. Informe da comisión de control sobre a súa actuación no 2002.

6. Autorización o consello para a emisión de títulos.

7. Amortización adiantada de débeda subordinada.

8. Fundación Caixanova.

9. Grupo Fiscal Consolidable Caixanova.

10. Lectura e aprobación, se procede, da acta pola asemblea.

Prégase ós conselleiros xerais que acudan coa necesaria anticipación, provisto do documento nacional de identidade, co fin de realiza-lo cómputo de asistentes, de maneira que non se demore o comezo da asemblea, e lémbraselles que está á súa disposición na sede central toda a documentación relativa á orde do día.

Vigo, 9 de xuño de 2003.

Guillermo Alonso Jáudenes

Presidente