De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre animais 50/1999, do 23 de decembro, de réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.
Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos, particípolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo de conformidade co establecido no regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o director xeral de Conservación da Natureza, de conformidade co disposto no artigo 20.3º b) do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autonómica de Galicia en relación co Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.
Ourense, 7 maio de 2003.
Agustín Prado Verdeal
Delegado provincial de Ourense
ANEXO
Expediente nº/ano: OU 04/03-AN.
Denunciado: Luis Manuel Gabarri Montoya.
DNI: 76713632-V.
Último enderezo coñecido: rúa Monterín nº 5. Ourense.
Feito denunciado: non acreditar que os dous cans de raza cruzada (Pir-bull con Boxer) teñan o correspondente micro-chip que os identifiquen e ademais os dous animais atoparse soltos e sen bozo.
Precepto infrinxido e sancionador: artigo 13.2º a) e artigo 3.2º c), da Lei 50/1999, do 23 de decembro, de réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.
Sanción: 601,01 euros.

