1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consorcio para o Servicio Contra Incendios e de Salvamento da Comarca de Verín, concello de Verín, praza do Concello 1, 32600 Verín (Ourense). Teléfono: 988 41 46 00. Fax: 988 41 19 00.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.
c) Número de expediente: 2003/8.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: execución a favor do Consorcio para o Servicio Contra Incendios e de Salvamento da Comarca de Verín da subministración (compra) do equipamento do parque.
b) Lugar de entrega: parque de bombeiros do consorcio no polígono industrial de Verín sito en Pazos.
c) Prazo de entrega: dous meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 192.000 euros.
5. Garantías.
a) Provisional: 2% do orzamento establecido como base de licitación.
b) Definitiva: (só o adxudicatario) 4% do importe de adxudicación do contrato.
6. Obtención de documentación: ver punto 1.
7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación das ofertas: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: as proposicións por medio das que se concorra á contratación que se convoca, presentaranse conforme o establecido na cláusula novena das cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación.
c) Lugar de presentación: ver punto 1.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: ver punto 1.
b) Data: o seguinte día hábil ó do remate do prazo de presentación de solicitudes.
c) Hora: doce horas.
10. Outras informacións:
Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso: os sinalados na base décimo primeira das de contratación.
11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.
Verín, 9 de maio de 2003.
Juan Manuel Jiménez Morán
Presidente

