Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 17 de xuño de 2003 Páx. 7.945

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2003 pola que se convoca concurso público aberto de tramitación ordinaria, para a contratación dunha subministración para a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento. (Referencia 2003-08-522).

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Administrativa e Económica do PGIDIT da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

c) Referencia 2003-08-522.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto deste contrato é a adquisición pola Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento dunha subministración consistente nun sistema de espectrometría de masas para a súa incorporación a un sistema combinado cromatografía de líquidos/espectrometría de masas (lc/ms) para o Centro de Investigacións Mariñas da Xunta de Galicia, por procedemento aberto mediante concurso público. Esta adquisición está cofinanciada con fondos Feder.

As características do equipo obxecto deste contrato detállase no prego de prescricións técnicas.

b) Prazo de execución:

Os bens obxecto de licitación serán entregados no centro que se detalla no punto 13 do prego de cláusulas administrativas particulares e no prego de prescricións técnicas, tendo que estar instalados e en funcionamento antes do 15 de novembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

O importe total ascende a cento vinte mil euros (120.000 euros), que se financiará con cargo á aplicación orzamentaria 08-05-432A-628.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2003.

5. Garantía provisoria.

A garantía provisoria por un importe equivalente ó 2% do orzamento de licitación, ascende a 2.400 euros, constituída nalgunha das formas que prevé o artigo 35 do TRLCAP.

6. Obtención de documentación e información: poderán retirala no rexistro da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, rúa dos Feáns, nº 7, 15706 Santiago de Compostela, teléfonos 981 54 10 87/54 10 88, en horas de oficina, ou ben a través da páxina web: www.xunta.es/contratacion ou www.sxid.org

7. Variantes: non se admiten variantes.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade co esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas.

Presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó de publicación deste anuncio no DOG, no rexistro da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou ben na forma prevista no TRLCAP.

10. Apertura de ofertas.

Realizarase o décimo primeiro día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, ás 12.00 horas nas dependencias da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

O importe do presente anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio