Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 17 de xuño de 2003 Páx. 7.954

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2003 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración que se cita.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 11/2003.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: ordenador servidor. b) Número de unidades que se entregarán: as especificadas no prego de cláusulas. c) División por lotes e número. d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato. e) Prazo de entrega: o indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 42.000 euros IVE incluído.

5. Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: r/ Arenal, nº 46, edificio anexo ó Rectorado 3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas. Páxina web onde se poden atopa-los pregos e demais información:

http://www.uvigo.es/servicios/contratación.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Domicilio: r/ Arenal nº 46, planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir do día seguinte á data límite para a recepción de ofertas. e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Arenal, nº 46, 1ª planta. c) Localidade: Vigo 36201. d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil. e) Hora: 13.00 horas.

9. Gastos de anuncios: serán a cargo do adxudicatario.

10. Páxina web onde se pode atopa-los pregos e demais información:

http://www.uvigo.es/servicios/contratación

Vigo, 9 de xuño de 2003.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo