Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 17 de xuño de 2003 Páx. 7.955

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión do día 30 de abril de 2003, acordou por unanimidade dos seus membros a aprobación inicial do estudio de detalle do cuarteirón número 6 do polígono industrial do Milladoiro, presentado pola entidade Ames Polígono Industrial, S.A.

O que se somete ó trámite de información pública, significando que durante o prazo de vinte días se poderá examina-lo mencionado estudio de detalle nas dependencias do Servicio de Urbanismo do Concello de Ames, sitas na rúa Alcalde Lorenzo nº 2, de Bertamiráns, e presentar, se é o caso, as alegacións oportunas, de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Ames, 19 de maio de 2003.

José Astray Lorenzo

Alcalde