Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 18 de xuño de 2003 Páx. 8.018

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2003 pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación da subministración dunha instalación frigorífica para unha fábrica de xeo para a lonxa do porto pesqueiro de Laxe ( A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación.

2. Obxecto.

a) Descrición do obxecto: contratación da subministración dunha instalación frigorífica para unha fábrica de xeo para a lonxa do porto pesqueiro de Laxe ( A Coruña).

b) Prazo de execución: tres meses, desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: douscentos oitenta e oito mil oitocentos corenta (288.840) euros, IVE e demais impostos incluídos.

5. Garantía provisional.

Cinco mil setecentos setenta e seis euros con oitenta céntimos (5.776,80 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos ou nas súas delegacións territoriais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, 5-2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 50 38.

e) Telefax: 981 54 40 37.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2668

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixen.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (edificio administrativo de San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, 15781), ou por calquera dos xeitos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contrados do Estado.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano nº 5, 2º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó peche do prazo de presentación de propostas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 10.00 horas.

10. Gastos de publicación.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2003.

P.D. 21-12-2001 (DOG nº 15, do 21-1-2002)

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos