Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 18 de xuño de 2003 Páx. 8.028

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, da contratación para a adquisición dun cromatógrafo líquido masas-masas con triple cuadropolo ACPI e electroesprai para o Laboratorio de Saúde Pública de Lugo (C/306-2003).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: División Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: C/306-2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición dun cromatógrafo líquido masas-masas con triple cuadropolo ACPI e electroesprai para o Laboratorio de Saúde Pública de Lugo.

b) Prazo de execución: dous meses desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinario, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación:douscentos trinta e oito mil euros (238.000 euros).

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información: Servicio de Contratación, edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 36 18, fax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG). No caso de que

o día sinalado coincida en domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e do Sergas (ver punto 19).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data de remate de presentación de ofertas.

e) Admisión de variantes (concurso): non.

9. Apertura das ofertas: terá lugar ás 9.00 horas A.M., na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 19), a computar desde o sexto día natural seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo destes gastos ascende a dous mil euros (2.000 eurso).

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2003.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos