O Pleno do Concello de Barro, en sesión que tivo lugar o 23 de maio de 2003, aprobou definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Barro, logo do informe favorable da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 21 de maio de 2003.
Con data do 9 de xuño de 2003, remitiuselle á Dirección Xeral de Urbanismo-CPTOPV, copia completa do expediente e dous exemplares do documento aprobado definitivamente.
Segundo dispón o artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise público o citado acordo.
O Plan xeral non entrará en vigor ata a publicación íntegra do texto no BOP de Pontevedra, segundo dispón o artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril
(modificado polo artigo único da Lei 39/1994, do 30 de decembro), e transcorrido o prazo de 15 días sinalado no artigo 65.2º da citada lei.
Contra este acordo que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Todo iso sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que coiden oportunos.
Barro, 9 de xuño de 2003.
José Antonio Landín Eirín
Alcalde

