De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a seguir se relacionan,
as resolucións de recursos de alzada dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).
Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicacón deste edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.
Os expedientes relacionados de seguido atópanse ó dispor dos interesados na citada Delegación Territorial de Lugo en Celeiro-Viveiro, avda. Ramón Canosa, s/n, 27863.
Nº de expediente: PESAN1 2002/000030-2.
Denunciado: Mariscos Norsur, S.L.
DNI: B-36125599.
Enderezo: r/ Veiga, San Xinés, Sanxenxo.
Precepto infrinxido: 6.12.
Sanción: 4.000 euros.
Resolución: desestimatoria confirmando a resolución impugnada.
De conformidade co previsto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación ou, en caso contrario, procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita delegación territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos o documento de ingreso correspondente.
Viveiro, 27 de maio de 2003.
Pablo Ramón Fernández Asensio
Delegado territorial de Lugo

