Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 19 de xuño de 2003 Páx. 8.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno en sesión que tivo lugar o día 8 de maio de 2003, aprobou inicialmente o estudio de detalle para levar a cabo o sinalamento de aliñacións, rasantes e ordenación de volumes en determinadas parcelas de solo urbano consolidado no Ponto, promovido por Distribuidora Internacional de Alimentación, S.A., e redactado pola arquitecta Ana María Fonticoba Graña.

En cumprimento do que dispón o artigo 86.2º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente sométese a información pública durante o prazo de 20 días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, e nun xornal de circulación da provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Unidade de Urbanismo e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determinará automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 77.2º da citada Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Narón, 21 de maio de 2003.

Xoán Gato Díaz

Alcalde