Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx.

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

S2003/37). 8.192

ANUNCIO de concurso (referencia

S2003/30). 1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Contratación. Unidade de Subministración. b) Número de expediente: S2003/30.

2. Obxecto do contrato: a contratación do deseño museográfico e a subministración de elementos mobles para o Palacete da Casa das Ciencias. Prazo de entrega: non poderá ser superior a cinco meses desde a adxudicación.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 215.000 euros IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: suministros*aytolacoruña.es y licitaciones*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposiciones: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada. d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura das proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: o quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo da licitación. c) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 10 de junio de 2003.

P.D.

Carlos González Garcés-Santiso

Tenente alcalde concelleiro delegado

de Contratación