Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 24 de xuño de 2003 Páx. 8.286

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 285/2003, do 12 de xuño, polo que se dispón o cesamento de Gerardo Pallares Sánchez como delegado da Xunta de Galicia na Sociedade Concesionaria de Autoestradas Galegas de Peaxe.

O Decreto 390/1996, do 31 de outubro, crea a delegación da Xunta de Galicia nas sociedades concesionarias de autoestradas de peaxe, configurando esta delegación como órgano de relación da Xunta de Galicia coas referidas sociedades en tódolos asuntos e incidencias que se deriven do desenvolvemento dos contratos de concesión, atribuíndolle funcións específicas. E, no artigo 1.3º establece que o delegado será nomeado polo Consello da Xunta por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

En cumprimento do establecido no artigo 1.3º do citado Decreto 390/1996, do 31 de outubro, Gerardo Pallares Sánchez foi nomeado delegado da Xunta

na Sociedade Concesionaria de Autoestradas Galegas de Peaxe polo Decreto 279/1998, do 8 de outubro, pero, producido o seu pase a outro destino, procede o seu cesamento.

Polo tanto, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día doce de xuño de dous mil tres,

DISPOÑO:

O cesamento de Gerardo Pallares Sánchez como delegado da Xunta de Galicia na Sociedade Concesionaria de Autoestradas Galegas de Peaxe, agradecéndolle os servicios prestados.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, doce de xuño de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Alberto Núñez Feijóo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA