Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 24 de xuño de 2003 Páx. 8.338

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se publica a convocatoria para provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo na Deputación Provincial de Ourense, entre funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

De conformidade co disposto no artigo 28 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional e no exercicio da competencia atribuída polo artigo 13 bis da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e a Orde do 12 de febreiro de 2003 sobre delegación de competencias, esta secretaría xeral

DISPÓN:

Publica-las bases da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, entre funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, do posto de vicesecretario/a da Deputación Provincial de Ourense que se acompañan con esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2003.

P.D. (Orde 12-2-2003)

Manuel E. Martínez Oubiña

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local

Corporación: Deputación Provincial de Ourense

Denominacion do posto:

Vicesecretario/a xeral.

Clase do posto:

Reservado a funcionarios con habilitación de carácter nacional pertenecentes á subescala de secretaría, categoría superior.

Nivel de complemento de destino: 30.

Complemento específico: 22.023,42 euros.

Requisitos para o seu desempeño segundo a relación de postos de traballo:

Pertenenza á subescala de secretaría, categoría superior, da escala de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Coñecemento da lingua propia da comunidade autónoma:

Valorarase o coñecemento da lingua galega, a partir do grao de curso de perfeccionamento homologado pola Xunta de Galicia, ou equivalente.

Requisitos para participar no procedemento:

Pertencer á subescala e categoría indicadas, e non atoparse incurso en prohibición legal para participar en procedementos para provisión de postos de traballo na Administración pública.

Presentación de solicitudes.

As solicitudes dirixiranse, no prazo de quince días naturais seguintes á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, ó presidente da Deputación Provincial de Ourense, podendo presentarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Na solicitude deberá facerse consta-lo número de rexistro de persoal do aspirante, así como os seus datos persoais. Xuntarase a seguinte documentación:

-Documentación acreditativa de pertencer á escala, subescala e categoría esixidas nas bases da convocatoria.

-Currículum profesional.

-Documentación acreditativa dos méritos, servicios e estudios alegados.

-Declaración xurada de non atoparse incurso na causa de prohibición legal para a participación en procedementos de provisión de postos de traballo nas administracións públicas.

Resolución do procedemento.

Rematado o prazo de presentación de instancias o procedemento, logo da constatación da concorrencia dos requisitos esixidos na convocatoria, será resolto polo presidente no prazo máximo dun mes, dando conta ó Pleno da Corporación e traslado da mesma á Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia e á Dirección Xeral de Administración Local do Ministerio para as administracións públicas para anotación e publicación conxunta no Boletín Oficial del Estado.

A resolución motivarase con referencia ó cumprimento por parte do candidato elixido, dos requisitos e especificacións esixidos na convocatoria e da competencia para proceder ó nomeamento. En todo caso, deberá quedar acreditada no procedemento, como fundamento da resolución adoptada, a observancia do procedemento debido.