Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 24 de xuño de 2003 Páx. 8.342

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2003 pola que se aproba a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos nas probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico superior de microscopía electrónica, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade, convocada por Resolución do 12 de setembro de 2002.

Por resolución do rectorado desta universidade do 12 de setembro de 2002 (DOG do 3 de outubro/BOE do 7 de outubro) convocáronse probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico superior de microscopía electrónica, vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

Por Resolución do 6 de novembro de 2002 (DOG do 27 de novembro) fíxose pública a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión das prazas anteriormente citadas.

Rematado o prazo de emenda dos motivos de exclusión ou omisión establecido na base 4ª da convocatoria e feitas as rectificacións oportunas.

Este rectorado resolveu:

Primeiro.-Declarar aprobada e facer pública a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos, con expresión da causa de exclusión, ás citadas probas. A lista completa de aspirantes figurará exposta no taboleiro de anuncios do rectorado (rúa Oporto, nº 1, Vigo) e nos rexistros dos campus de Ourense (unidade administrativa, Campus As Lagoas s/n, Ourense), Pontevedra (Facultade de Ciencias Sociais, Campus A Xunqueira s/n, Pontevedra) e As Lagoas, Marcosende (C.A.C.T.I., Campus As Lagoas-Marcosende, Vigo).

Segundo.-Convoca-los aspirantes admitidos para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición o día 28 de xuño de 2003, ás 10.00 h na sala de graos do C.A.C.T.I. (Campus As Lagoas-Marcosende, Vigo).

Os aspirantes deberán ir provistos do documento nacional de identidade para a súa debida identificación, lapis do nº 2, goma de borrar e bolígrafo.

Terceiro.-Establecer un prazo de tres días hábiles a partir do seguinte ó da realización deste exercicio para reclama-lo seu cuestionario.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación

no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, ante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso, non caberá interpo-lo recurso antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de conformidade co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 18 de xuño de 2003.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo