Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 24 de xuño de 2003 Páx. 8.345

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2003 pola que se anuncian os procedementos de licitación, por concurso, dos contratos de elaboración de proxecto e execución das obras que se citan.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxectos dos contratos.

2.1. a) Descrición do obxecto: proxecto e execución da obra da área de estacionamento de autobuses de Fisterra (A Coruña).

b) Prazo de execución: véxase cadro de características e anteproxecto.

c) Orzamento base de licitación:

Importe máximo retido: 108.093,42 euros.

d) Garantías:

Provisional: 2.161,87 euros.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

e) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo C; subgrupo 3; categoría C.

2.2. a) Descrición do obxecto: proxecto e execución da obra da área de estacionamento de autobuses de San Cristovo de Cea (Ourense).

b) Prazo de execución: véxase cadro de características e anteproxecto.

c) Orzamento base de licitación:

Importe máximo retido: 173.871,20 euros.

d) Garantías:

Provisional: 3.477,42 euros.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

e) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo C; subgrupo 3; categoría D.

2.3. a) Descrición do obxecto: proxecto e execución da obra da área de estacionamento de autobuses de Cervo (Lugo).

b) Prazo de execución: véxase cadro de características e anteproxecto.

c) Orzamento base de licitación:

Importe máximo retido: 127.784,86 euros.

d) Garantías:

Provisional: 2.555,70 euros.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

e) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo C; subgrupo 3; categoría C.

2.4. a) Descrición do obxecto: proxecto e execución da obra da área de estacionamento de autobuses de Ortigueira (A Coruña).

b) Prazo de execución: véxase cadro de características e anteproxecto.

c) Orzamento base de licitación:

Importe máximo retido: 175.966,03 euros.

d) Garantías:

Provisional: 3.519,32 euros.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

e) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo C; subgrupo 3; categoría D.

2.5. a) Descrición do obxecto: proxecto e execución da obra da área de estacionamento de autobuses de Palas de Rei (Lugo).

b) Prazo de execución: véxase cadro de características e anteproxecto.

c) Orzamento base de licitación:

Importe máximo retido: 150.828,03 euros.

d) Garantías:

Provisional: 3.016,56 euros.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

e) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo C; subgrupo 2; categoría D.

3. Tramitación, procedemento, e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, os cadros de características e demais documentación que rexe as contratacións, poderase recoller en:

a) Entidade: nos servicios centrais da Dirección Xeral de Transportes e nas delegacións provinciais da CPTOPV.

b) Enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15707.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

f) Tamén se poderán recolle-los pregos de cláusulas administrativas particulares e os cadros de características na páxina da Internet www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2705

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

5. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia; se coincide nun día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que integrará as ofertas: véxanse os pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse polo correo dentro do prazo

de admisión sinalado conforme co disposto no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Enderezo: r/ San Caetano, s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15701.

6. Apertura das ofertas:

Realizarase nos locais da Dirección Xeral de Transportes; enderezo: Praza de Europa 5-A (2º andar); localidade: Santiago de Compostela; ás 12 horas do décimo primeiro día hábil contado a partir do día seguinte á data límite de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

7. Gastos de anuncios.

Por conta dos adxudicatarios ata un importe máximo de 6.000 euros.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003; DOG nº 50, do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda