Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 24 de xuño de 2003 Páx. 8.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 4 de xuño de 2003, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de recursos de alzada de expedientes sancionadores (PESAN1 2002/000302-1 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións de recursos de alzada dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio.

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial da Coruña; Ramón y Cajal s/n, 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2002/000302-1.

Denunciado: José Antonio Crujeiras Vidal.

DNI: 52455572-R.

Enderezo: Noro, 4-1º. Ribeira.

Precepto infrinxido: 5.3º.

Sanción: 90,15 euros.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución recorrida.

Nº de expediente: PESAN1 2002/000425-1.

Denunciado: Bernardo A. Fernández Agulla.

DNI: 33188646-Z.

Enderezo: Pastor Díaz, 6-4º. Coruña (A).

Precepto infrinxido: 5.1º.

Sanción: 0 euros.

Resolución: estimatoria anulando a resolución.

De conformidade co previsto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller, na antedita Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, o documento de ingreso correspondente.

A Coruña, 4 de xuño de 2003.

Beatriz Mato Otero

Delegada territorial da Coruña